O barco / o soporte
- O bacalladeiro Amelia Meirama xunto coa sua parella o Julio Molina foron protagonistas, nas suas pequeirias de Terranova, dun episodio de transcendencia internacional na guerra dos caladoiros.
- Ano 1517 comezan as pesqueirias no caldadoiro de Terranova.
- Maio de 1986
- Dia 22 catro funcionarios abordan os barcos dende unha patrulleira canadiana e comunican-lles aos capitáns que están detidos e deben poñer rumbo a Saint John. Estos din-lles que están fora das súas 200 millas xurisdiscionais e convidan-lles inutilmente a abandonar o barco; mentres poñen rumbo ás Azores.
- Dia 25 son ametrallados e atacados con bombas de fume a 700 millas de Terranova, apresados, conminados a firmar actas de infracción coas que non están de acordo e conducidos ao porto canadiano. Acusan-nos de faenar ilegalmente en augas xurisdiccionais deste país norteamericano e de resistencia ás autoridades navais.
- Dia 31 Os dous pesqueiros galegos son condeados a pagar unha fianza de 12 millóns de pesetas.
- Xullo de 1999 Realizan-se as fotografias que compoñen esta serie.
- Abril de 2000 O Amelia Meirama afunde-se no peirao de Oza, A Coruña, onde leva anos amarrado e sirve de refuxio a un indixente que salvou a vida no último momento.
- Setembro de 2000 Inician o reflote do Amelia Meirama.
- Decembro de 2000 Comeza o desguace do barco, aproveitando-se anacos dos seus mamparos como soporte da obra fotográfica Lembrando o mar no porto.