páxina principal

Os espontáneos

Os espontáneos é unha proposta de arTeu e Miguel Melero.

A arte sairá literalmente á rúa por sorpresa, no lugar e no momento máis inesperado. As convocatorias difundiránse a través da nosa web, da rede e do "pásao, pásao", con poucos días de antelación.

Estos encontros de arte e público deixarán o seu trazo aquí.

Tomaremos a Quintana, tomaremos a Bastilla, tomaremos a praza de..., despois tomaremos uns viños e uns pementos...

Aberto a todxs xs que queiran participar, non te quedes na casa.

Cada obra ten o seu público, hai que buscalo.

Acude ás nosas convocatorias cunha obra túa baixo o brazo, que se vexa ben, tes algo que decir, únete.

 

Convocatorias 2010

Santiago de Compostela. Praza da Quintana. Domingo, 28 de marzo ás 12 da maña.